TRABALLO DIGNO:
Ao Comité de Empresa de Sargadelos, polos acordos conseguidos coa dirección desta empresa, no relativo a traballo fixo e medidas para a conciliación da vida laboral e familiar, así como por ter 127 persoas empregadas, das que tan só dúas teñen contrato temporal, de tal maneira que o 98,5% son contratos fixos.
ACCIÓN SOLIDARIA:
A Antonio Vilar Perón e a Fernando Andrés Wonemburger García. Ao primeiro, polo salvamento dun percebeiro cando se afogaba no mar o 13 de febreiro do 2006, na zona coñecida como As Amorosas, moi cerca do “Acuarium Finisterrae” na costa coruñesa, e ao segundo, polo salvamento dun neno de cinco anos, ao rescatalo dun incendio orixinado nunha vivenda do barrio coruñés de Os Castros o 22 de decembro do 2005.
DEFENSA DO MEDIOAMBENTE E DOS BENS COMÚNS:
Ao proxecto “Recuperación do entorno arquitectónico e natural do Santuario da Escravitude”, en Padrón (A Coruña), promovido pola Fundación Paideia Galicia, pola rehabilitación arquitectónica e medioambiental, transformando un entorno desaproveitado e en degradación nun espazo de calidade que aumenta o atractivo turístico da comarca do Sar, contribuíndo a súa reactivación económica e social.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénanse no teu navegador e realizanse funcións tales como recoñecer cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.
As cookies estrictamente necesarias teñen que activarse sempre para que poidamos gardar as túas preferencias de axustes de cookies.
Se desactivas esta cookie non poderemos gardar as túas preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web terás que activar ou desactivar as cookies de novo.
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como o número de visitantes do sitio, ou as páxinas máis populares.
Deixar esta cookie activa permite mellorar a nosa web.
¡Por favor, activa primeiro as cookies estrictamente necesarias para que poidamos gardar as túas preferencias!