Premios Luis Tilve.
Premiados 2008

TRABALLO DIGNO:

Á Fundación Menela, pola súa dedicación na atención global das persoas con Trastornos do Espectro Autista (TEA) e das súas familias, fomentando a inserción sociolaboral das persoas con TEA a través dos seus centros de atención e formación.

 

ACCIÓN SOLIDARIA:

Á Cristina de la Vega Jiménez, xornalista, polo seu compromiso coas persoas que máis sofren, apoiando dende Galicia á Fundación “New Light” -que recolle das rúas de Calcuta ás nenas obrigadas a prostituírse e aos nenos vendidos ás redes de escravitude, coa intención de darlles unha nova vida e un futuro mellor-, a través de actos benéficos co fin de recadar fondos para dita Fundación, así como mediante diversos proxectos solidarios. Cristina é ademais autora do libro “Veinte historias de amor y un canto a la esperanza”, cuxos beneficios son destinados aos fogares para fillos de prostitutas de Kalighat.

 

DEFENSA DO MEDIO AMBIENTE E DOS BENS COMÚNS:

Á Francisco Díaz-Fierros Viqueira, catedrático da USC, polo seu destacado traballo no medio rural galego, conxugando a actividade agrícola e gandeira coa protección do medio ambente, concienciando aos traballadores do campo da compatibilidade entre ambas prácticas. Con esta finalidade produciu e coordinou numerosos traballos, seminarios, artigos, conferencias, libros…, nos que aborda cuestións como os problemas do cambio climático, os incendios forestais, a climatoloxía, a erosión, os recursos agrarios, a contaminación das augas subterráneas e un longo etcétera, sempre dende a óptica galega, pero cunha repercusión nacional e incluso internacional.