Premios Luis Tilve. Premiados 2010

TRABALLO DIGNO:

Á Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia (ASOAR-ARMEGA), polo seu traballo en prol de melloras nas condicións de traballo dos mariñeiros/as, a través de actividades no campo da prevención (guías, congresos, xornadas, actividades, cursos de formación, etc)

 

ACCIÓN SOLIDARIA:

Outórgase ó Xuíz Don Baltasar Garzón, polo seu compromiso coa “xustiza universal” no contexto dun mundo onde, cada vez máis, se globaliza a economía e a política, pero moito menos os dereitos humanos e a xustiza. Asemade pola súa sensibilidade e compromiso coas víctimas do narcotráfico, de terrorismo e das dictaduras, así coma a súa loita contra a corrupción na economía e na política, e o seu empeño en dar reparación ás familias das víctimas da represión e da dictadura franquista en España.

 

DEFENSA DO MEDIO AMBIENTE E DOS BENS COMÚNS:

Ó Programa de educación medioambiental, VOZ NATURA, polo seu traballo de educación medioambiental ao longo dos últimos trece anos, con particular éxito entre a comunidade escolar de Galicia, co obxectivo de protexer e conservar o noso entorno natural, consolidar a educación ambiental nos centros escolares Galegos e dende aí, estendelo ás familias, os concellos e as entidades públicas e privadas, levando a cabo, ao longo deste período, preto de mil quinientos proxectos, nos que se implicou a máis de mil douscentos alumnos.

 

INVESTIGACIÓN E DIVULGACIÓN HISTÓRICA:

Ó historiador Emilio Garrido Moreira, polo seu traballo de investigación “Pablo Iglesias e os seus amigos Galegos. Compartindo ilusións cos seus paisanos” que aborda o papel desempeñado por Pablo Iglesias no nacemento e posta en marcha das primeiras organizacións socialistas galegas, entre os anos 1892 e 1925.