Premios Luis Tilve.
Premiados 2013

PREMIO O TRABALLO DIGNO:

Outorgado á Federación Galega de Institucións para o Síndrome de Down Galicia, presidida por Delmiro Prieto González, polo esforzo realizado na integración laboral de persoas con síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual. A Federación, creada en 1998, agrupa ás asociacións e fundacións que abordan a problemática indicada no ámbito galego e ven desenvolvendo diversas accións que facilitan a vida das persoas con síndrome de Down e/ou con discapacidade intelectual e a súa autonomía persoal. Así mesmo presta todo tipo de apoios ós seus familiares.


PREMIO ACCIÓN SOLIDARIA:

O premio outórgase á Asociación EQUUS ZEBRA, ONG creada en A Coruña no ano 2000 e que, dende entón, ven realizando accións de promoción e integración de persoas e grupos empobrecidos e excluídos, principalmente mozos e adolescentes, colaborando en accións noutros países e desenvolvendo actividades de sensibilización en torno á interculturalidade e os dereitos humanos.


PREMIO DEFENSA DO MEDIO AMBIENTE E DOS BENS COMÚNS:

Recaeu no Grupo de Investigación Persoa-Ambiente, involucrado en proxectos europeos, do cal é Director o Profesor de Psicoloxía Social e Ambiental, Ricardo García Mira, que ven desenvolvendo, dende 1995, un encomiable labor en prol da cultura medio ambiental no ámbito galego, pero tamén no ámbito internacional, en colaboración con universidades de todo o mundo, presidindo a International Association for People-Environment Studies (IAPS), sociedade que agrupa ós principais especialistas de todo o mundo no ámbito do medio ambiente. O xurado valorou especialmente os traballos realizados en torno ó desastre do Prestige, que supoñen unha importante contribución social e medio ambiental na clarificación do que significou este feito e as súas repercusións.


PREMIO DIVULGACIÓN HISTÓRICA:

Recalou no documental “O milagre de Ferrol. Unha historia da construción naval”, pola súa actualidade en relación á problemática deste sector na cidade de Ferrol, pois dá a coñecer ó gran público o desenvolvemento da industria naval en España e especialmente en Ferrol, así como o papel xogado polos estaleiros máis emblemáticos dende o século XVIII ata o século XX, reflectindo a realidade desta industria, que chegou a posibilitar o emprego ata a 12.000 traballadores. No documental, producido por Zaza Ceballos e dirixido por Rogelio Abraldes, colaboraron destacados profesionais, como o profesor Alberto Lozano, o historiador Guillermo Esgribas, o académico da Historia José María Blanco, o enxeñeiro naval José María de Juan-García, o académico correspondente de Belas Artes Juan Antonio Rodríguez o Doutor en Historia Juan Esgribas, o restaurador do Museo Naval de Madrid, Miguel Godoy, e a Bibliotecaria do Museo Naval de Ferrol, Carmela Daviña.