Premios Luis Tilve.
Premiados 2014

O premio Traballo Digno desta edición foi outorgado “Ós 61 de Santa Bárbara”. Sección Sindical de UGT, pola súa loita na defensa dos postos de traballo e da continuidade da actividade industrial da factoría coruñesa. O seu prolongado encerro contra o peche da factoría e a favor dun plan de viabilidade, aínda a costa de importantes riscos persoais, recibiu un amplo apoio social na cidade da Coruña e na súa comarca, conseguindo que o Goberno de España asumise o plan de viabilidade, aceptando abrir unha licitación pública para adxudicar a concesión das instalacións e recuperar a actividade industrial.

 

O premio Acción Solidaria outórgase á Asociación ADICAE Galicia, asociación sen ánimo de lucro, pola súa destacada labor na defensa dos usuarios de bancos, caixas de aforro e seguros, defendendo os
intereses dos cidadáns fronte a banca e o poder financieiro, sobresaíndo a súa dedicación ós afectados das “participacións preferentes” en Galicia noutras comunidades autónomas. O seu traballo exténdese, na actualidade, a outros colectivos de consumidores e usuarios afectados por fraudes ou prácticas abusivas nos diversos sectores de actividade.

 

O premio Defensa do Medio Ambiente e dos Bens Comúns, recaeu na Fundación LONXANET para a pesca sostible, pola súa adicación e traballo estrecho cos pescadores artesanais en aras da sostenibilidade social, económica e ambiental. O xurado valorou especialmente a contribución no fortalecemento da pesca artesanal e das súas poblacións, establecendo vínculos co sector pesqueiro e resolvendo as problemáticas destes pescadores, posicionándoos como guardianes dos ecosistemas acuaticos nos que realizan as súas actividades, en base ás boas prácticas e o desenrolo sostible, con proxectos como a creación de áreas marinas de interese pesqueiro coxestionadas, a constitución de Grupos de Acción Costeira, o Proxecto “Gestión Holística de la pesca Artesanal”, a promoción de debates europeos e espacios de intervención, a sensibilización da sociedade na sostenibilidade socioeconómica e ambiental, etc.

 

O premio Investigación e Divulgación Histórica, recalou na xinecóloga Enriqueta Barranco Castillo e no catedrático da Universidade de Granada Fernando Girón Irueste, pola súa labor histórica, promoción e traballo na recuperación, dende os anos 80, da figura do intelectual, socialista, catedrático e médico galego, Alejandro Otero Fernández. Esta labor se iniciou coa realización dunha tese doutoral sobre Otero, que despois se completaría coa publicación da súa biografía e a creación da cátedra de investigación Alejandro Otero na Universidade de Granada. Así mesmo, tras 30 anos de estudo e investigación, publicaron novos traballos e colaboraron na creación dunha asociación na vila de Redondela, coa denominación do ilustre médico, nado na mesma, e participaron en numerosos actos e actividades culturais na procura de dignificar o nome de Alejandro Otero, tanto en Galicia como en Granada ou México, onde o seu labor tamén é recoñecido.