Santiago, 30 de maio de 2017.-
Trala deliberación dos membros do Xurado dos Premios Luís Tilve 2016, que preside Fernando González Laxe e composto por: José Antonio Gómez Gómez, Salvador Fernández Moreda, Álvaro Ansias Bacelar, Carmen Avendaño Otero, Ana Romero Masiá, Tareixa Navaza González, Mª Xosé Rodriguez Galdo e Roxelio Pérez Poza; este acordou facer públicas as propostas premiadas na edición do ano 2016, que son as seguintes:
O premio Traballo Digno desta edición é outorgado ó Movemento de Renovación Pedagóxica Escola Viva, pola súa contribución, dende 1983, á formación do profesorado e á mellora do sistema educativo.
O premio Acción Solidaria outórgase á Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C, polo seu compromiso e labor na consecución do tratamento e a súa inclusión no Sistema público de saúde, así como o seu apoio e servizos ó colectivo afectado, velando polo cumprimento do Plan Estratéxico contra a Hepatite C do Ministerio.
O premio Defensa do Medio Ambiente e dos Bens Comúns, recaeu na Asociación Galega do Patrimonio Industrial, polo seu traballo de investigación, defensa e divulgación do Patrimonio Industrial Galego.
O premio Investigación e Divulgación Histórica, recalou no historiador Luís Lamela García, pola súa extensa traxectoria, dende 1987, na investigación e recuperación da memoria histórica en Galicia, fronte o esquecemento e o silencio. Achegando ás novas xeracións un coñecemento necesario para saber do noso pasado, comprender o noso presente e evitar cometer os mesmos erros no futuro.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénanse no teu navegador e realizanse funcións tales como recoñecer cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.
As cookies estrictamente necesarias teñen que activarse sempre para que poidamos gardar as túas preferencias de axustes de cookies.
Se desactivas esta cookie non poderemos gardar as túas preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web terás que activar ou desactivar as cookies de novo.
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como o número de visitantes do sitio, ou as páxinas máis populares.
Deixar esta cookie activa permite mellorar a nosa web.
¡Por favor, activa primeiro as cookies estrictamente necesarias para que poidamos gardar as túas preferencias!