UGT-CORUÑA: O fogar das esperanzas

Emilio Garrido Moreira

Un amplo relato que vai dende o nacemento das primeiras organizacións vinculadas á UGT na cidade, a chegada da II República, o Frente Popular, o inicio da Guerra Civil, a represión, as duras campañas iniciais contra as ideas socialistas, ata a a folga xeral de 1.891. Nel fálase de: José Rodríguez, canteiro, amigo de Pablo Iglesias, correspondente de “El Socialista” e líder do nacente socialismo coruñes; das visitas de Pablo Iglesias a cidade; do mitin de controversia entre o socialista José Rodríguez e o anarquista Suárez Duque; do decisivo papel de Severino Chacón, Ramón Maseda e Francisco Mazariegos, entre outros. Tamén contán un amplo anexo documental sobre as sociedades integradas na UGT, o Patrimonio do sindicato, a Festa do 1º de Maio, as principais folgas, as declaracións e reivindicacións obreiras e outros documentos de interese.

O autor é investigador e Licenciado en Historia. A presentación corre a cargo de Francisco Vázquez, exalcalde de A Coruña, e José Carrillo, Secretario Xeral da UGT coruñesa.

8,00€ PVP