COÑÉCENOS

A Fundación Luís Tilve é unha entidade cultural privada sen ánimo de lucro, recoñecida como tal pola Consellería de Cultura e Xuventude da Xunta de Galicia, por Orde do 27 de marzo de 1991 (D.O.G. de 22 de abril de 1991) e declarada de Interese Galego por Orde do 1 de abril de 1991 da Xunta de Galicia (D.O.G. do 13 de maio de 1991).

 

A Fundación constitúese en Santiago de Compostela o 9 de outubro de 1989 por iniciativa de Jesús Mosquera Sueiro, Secretario Xeral de UGT-Galicia nesas datas, quen, xunto con outros compañeiros do sindicato socialista, consideraba necesario o estudio histórico dos movementos sociais, sindicais e políticos contemporáneos, así como a conservación e recuperación da documentación das organizacións obreiras, de cara a contribuír coa investigación histórica e socioeconómica de Galicia e coa análise da súa realidade social.

 

Con tal propósito, nas instalacións da Fundación, creouse o Arquivo Histórico do Movemento Obreiro, integrado no Sistema de Arquivos de Galicia e no Censo-Guía de Archivos de España e Iberoamérica (ES.15078.AFLT); e a Biblioteca Especializada no Mundo do Traballo, integrada na Rede de Bibliotecas de Galicia (D.O.G. de 16 de xullo de 2009). Dende este laboratorio de historia social realízanse proxectos de investigación e recuperación documental e oral que dan lugar a traballos que son publicados e difundidos pola nosa Editorial, fomentando dinámicas de traballo entre as distintas áreas de actuación, que se retroalimentan entre elas.

 

As nosas actividades se complementan coa organización de exposicións, xornadas, cursos, foros, conferencias, premios ou calquera outra actividade dirixida a cumprir cos obxectivos da nosa entidade.

Estatutos

Normas legais por las que se regula a
Fundación Luis Tilve

Comisión executiva e Padroado

Membros do Padroado e composición dos órganos da
Fundación Luis Tilve

Obxecto e finalidade da Fundación

Para acadar todos estes obxectivos, a Fundación ven formulando dende a súa creación diversas actividades que conforman a columna vertebral da súa acción:

Luis Tilve


Mestre e Licenciado en Filosofía e Letras, foi un home entregado e comprometido coa loita polas liberdades,
a democracia política, e os valores do socialismo democrático

Mantente ao día!

Recibe toda a información das nosas actividades, novidades editoriais ou da nosa revista CLARIDADE actualizada e ao día.

Accede ás nosas redes sociais

Coa colaboración de: