Premios Luis Tilve

Dende os seus inicios, a Fundación Luís Tilve promoveu diversos premios encamiñados a estimular a investigación e a recuperación da Memoria Histórica e da historia do movemento obreiro, coa pretensión de rescatar do esquecemento a labor dos nosos devanceiros, verdadeiros culpábeis do noso benestar, grazas ó seu esforzo por transformar as utopías en realidade; sendo conscientes de que os pobos que non lembran a súa historia e aprenden dela, están condenados a repetir os mesmos erros.

 

No 2006 decidiuse regularizar e agrupar os premios nunha única convocatoria, centrando os galardóns en cuestións máis actuais e acordes cos intereses da clase traballadora galega. Deste xeito, ademais da investigación histórica, premiarase a persoas, asociacións ou entidades que merezan ver destacado o seu traballo e as súas actuacións, por ser exemplo de valores fundamentais da sociedade, tales como: a dignidade no traballo; a solidariedade, fronte ó individualismo e á discriminación, e tan necesaria contra as inxustizas e as adversidades; ou a defensa do medio ambiente e do común (sanidade, educación, información, cultura…), fronte o monopolio privado.

 

Os “Premios Luís Tilve”, se distribúen en catro categorías:

O Xurado, está presidido por Fernando González Laxe, Catedrático de Economía Aplicada na Universidade de A Coruña e Presidente de Honor da Fundación, e integrado por: Salvador Fernández Moreda, Economista e asesor do Valedor do Pobo; Álvaro Ansias Bacelar, funcionario público, experto en temas sociolaborais; Carmen Avendaño Otero, Presidenta da Fundación Érguete-Integración; Ana Romero Masiá, Catedrática de Xeografía e Historia; Tareixa Navaza González, xornalista; María Xosé Rodríguez Galdo, Catedrática de Historia e Institucións Económicas da USC; José Antonio Gómez Gómez, Secretario Xeral da UGT de Galicia; e Roxelio Pérez Poza, Secretario da Fundación Luís Tilve.

 

O galardón é unha escultura exclusiva do artista Cesar Lombera, realizada en bronce fundido, con acabado de pátina bruñida no que aparecen unhas mans entrelazadas, que representan tódolos valores das accións que se pretenden premiar. O traballo realízase coas mans, as mesmas que se encheron de chapapote para limpar as praias, coas que nos saudamos e pechamos acordos, coas que escribimos e botamos “unha man” os uns ós outros.

Premiados

Mantente ao día!

Recibe toda a información das nosas actividades, novidades editoriais ou da nosa revista CLARIDADE actualizada e ao día.

Accede ás nosas redes sociais

Coa colaboración de: