ALFONSO ORTEGA PRADA. MEMORIAS

Alfonso Ortega Prada / Pilar Ortega González e Francisco X. Redondo Abal (Edición e notas)

Alfonso Ortega Prada foi un fuxido, que en xullo de 1.936 era secretario do Concello de A Veiga (Ourense) e Secretario da Sociedade Agraria de Xares, adscrita a UGT. En representación do PSOE, formou parte do Comité de Defensa da República que se organizou naquel Concello. Nas memorias, ademais de relatar as súas vivencias, Ortega achéganos a vida dunha comarca da Galicia rural e interior nos anos previos o estoupido da guerra civil e do que sucedeu inmediatamente despois naqueles pobos e aldeas.

Estamos diante dun relato corto, pero intenso, que acaba amosando ás persoas, ós lugares, ós ambientes e incluso a terra e ó clima, conformando unha estampa da aquela sociedade, que interesa e conmove.

 

Nestes momentos a obra esta esgotada, polo que facilitamos a súa descarga a fin de que poidan ter acceso a este traballo, dado que o noso principal fin é a difusión da historia do movemento obreiro e dos seus persoeiros.

8,00€ PVP (ESGOTADO)