AS MISTEIRAS CORUÑESAS: Loita e asociacionismo na Fábrica de Fósforos (1871 – 1936)

Ana Pose Romero

Excelente traballo sobre as características e problemas dun colectivo de traballadoras da Coruña, as populares misteiras, as mulleres que compoñían a maioría do cadro de persoal da Fábrica de Fósforos da familia Zaragüeta. O estudio abrangue dende a fundación da fábrica ata o momento que, durante a Guerra Civil, o persoal foi despedido na súa totalidade para ser substituído por persoal depurado que previamente demostrara a súa adhesión o novo réxime. 

A Fábrica de Fósforos Zaragüeta foi unha das máis importantes factorías da cidade coruñesa e as misteiras constituíron un destacado colectivo laboral feminino en importancia numérica, xunto coas cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Palloza. Resulta especialmente interesante a vida sindical que desenvolvían na fábrica e, de modo concreto, as cuestións referidas ao enfrontamento entre as misteiras afiliadas en sociedades de tendencia socialista, a maioría, e as que seguían tendencias anarcosindicalistas (a dominante entre a clase obreira coruñesa).

A autora, mestra e licenciada en pedagoxía, recibiu por este traballo un accesit do 1º Premio de Investigación Histórica da Fundación Luís Tilve 1998.

Contén prólogo de Fernando González Laxe.

4,00€ PVP