Censo biografico do movemento obreiro galego
Nos últimos anos, a Fundación Luís Tilve ven desenrolando diversos proxectos de investigación que abarcan un amplo abanico da historia do movemento obreiro socialista en Galicia. Dentro destas liñas de investigación a recompilación dos nomes e biografías dos homes e mulleres que xogaron un papel, tanto destacado como moderado, na actividade política e sindical da UGT e do PSOE, ocupa un destacado lugar. Como consecuencia de elo, dende o ano 2006 a Fundación ven colaborando coa Fundación Pablo Iglesias no Diccionario Biográfico del Socialismo Español, achegándolles os datos biográficos dos socialistas galegos nas distintas etapas que van sendo tratadas e investigadas, e cuxa primeira fase xa está publicada en dous volumes pola citada entidade. Durante o 2010 e 2011 e coa intención de proseguir avanzando neste obxectivo, a Fundación se propuxo levar a cabo un Censo biográfico de represaliados do Movemento Obreiro socialista en Galicia, tarefa que contou co apoio do Ministerio da Presidencia, a través das subvencións destinadas a actividades relacionadas coas vítimas da Guerra Civil e do Franquismo, co Proxecto Nº 59.1, e que deu como resultado a recompilación de 904 biografías. Pero, a medida que se ía avanzando nas investigacións tamén foron aparecendo máis persoas e dirixentes deste movemento, ata sumar un total de 3.620 fichas biográficas. Naturalmente, este esforzo carecería de sentido se non se difundira, polo que a través da nosa páxina Web, poden consultarse estas biografías.
Con esta xanela esperamos abrir o noso arquivo non só ós que queiran obter e consultar información, senón tamén a todos aqueles que nos queiran facer chegar a súa historia ou a dos seus familiares, favorecendo con elo o coñecemento e o estudo histórico, para o cal poderán dirixirse a calquera das direccións ou teléfonos que aparecen na nosa páxina Web. Trátase ademais dun proxecto vivo que esperamos poder ir aumentando e mellorando a medida que sigan avanzando as nosas investigacións. Tamén nesta liña de estudo, e en colaboración coa Fundación Francisco Largo Caballero, durante o ano 2012 iniciarase un novo proxecto para recoller a historia oral do sindicalismo socialista durante a Clandestinidade e o Franquismo.
Coa colaboración de: