O 27 de xuño de 2019 clausurouse en Ferrol a exposición: “130 anos de loitas e conquistas”, que recolle os principais logros da UGT na súa longa historia

O 27 de xuño de 2019 clausurouse en Ferrol a exposición: “130 anos de loitas e conquistas”, que recolle os principais logros da UGT na súa longa historia, dende os seus primeiros pasos, a finais do século XIX, ata a chegada da II República, pasando pola Guerra Civil e a clandestinidade, ata a volta da democracia e a actualidade. A mesma, puido visitar no Museo da Construción Naval de Ferrol (EXPONAV). No acto, no que estiveron presentes directivos e membros da Fundación, interviñeron o Secretario Xeral de UGT-Ferrol, José Antonio Díaz; o xerente de EXPONAV, José María Cardona; o Secretario Xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, e o Secretario Xeral de UGT, Pepe Álvarez.
No seguinte enlace pode verse a intervención de Pepe Álvarez:

A exposición trasladouse a continuación á cidade de A Coruña, sendo inaugurada o 2 de xullo no Centro Sociocultural ÁGORA (Avda. Gramela) pola alcaldesa, Inés Rey, quen manifestou que a mostra “ofrece unha visión global do pasado para camiñar sobre seguro no momento actual e aspirar a un futuro baseado nun modelo de solidariedade e igualdade, atendendo á pluralidade e á democracia política, social e económica”. No acto tamén interveu o Secretario Xeral de UGT-Galicia.


Deste xeito, os cidadáns de A Coruña poderán, a través de 14 paneis históricos e 6 temáticos, repasar a historia máis recente de España a través das principais loitas obreiras e das reivindicacións promovidas pola UGT.


No acto, a alcaldesa tamén subliñou a intención do Concello de nomear unha rúa co nome do noso expresidente e histórico secretario xeral da UGT de Galicia, Suso Mosquera; unha iniciativa aplaudida dende a Fundación, xa que nos parece moi acertado denominar unha rúa co nome de quen abriu camiño, e o fixo pola causa da defensa dos dereitos laborais dos traballadores galegos.

 

Desexosos estamos xa de poder pasear por unha senda que dende o recoñecemento do pasado nos siga dirixindo ó futuro.
Enlace á intervención de José Antonio Gómez: