Nova publicación “Entre a revolución e a reforma: Cuestión agraria e asociacionismo rural (1874-1939)”
A Fundación Luis Tilve presenta a súa nova publicación: Entre a revolución e a reforma: Cuestión agraria e asociacionismo rural (1874-1939) que comprende a difusión das actas do congreso organizado no ano 2009. Congreso organizado pola propia fundación, pola USC, e pola Fundación Pablo Iglesias.
Neste Congreso abordáronse temas relativos a asociacionismo agrario en España anterior á guerra civil, a análise dos expertos que participaron narra os aspectos idelóxicos e sociais e a súa proxección ao longo da historia ata chegar á reforma agraria e os seus enfoques dende o punto de vista técnico, político e económico.