Presentación do libro “As viaxes de Pablo Iglesias por Galicia” na Coruña

A Casa Museo Casares Quiroga de A Coruña acolleu, o xoves 19 de xaneiro de 2012, a presentación da nova publicación da Fundación Luís Tilve, “As viaxes de Pablo Iglesias por Galicia”. No acto, que comenzou ás 19:30 horas, interviu o Secretario Xeral de UGT-Coruña, José Carrillo, que destacou a importancia de traballos destas características en momentos como os actuais, nos que se están atacando os dereitos dos traballadores, sendo ademáis material de moito interese para o sindicato. Así mesmo alabou o traballo que ven realizando a Fundación nos últimos anos e o gran traballo de Xesús Mosquera nesta liña. Agradecemento que foi correspondido igualmente polo Presidente da Fundación, ó tomar a palabra, destacando a labor de Carrillo dende a UGT de Coruña. Mosquera destacou, a continuación, o papel que Pablo Iglesias tivo no movemento obreiro galego, percorrendo a súa biografía e as visitas que realizou en Galicia, incidindo na labor que este realizaba na creación das sociedades obreiras e das agrupacións socialistas, na que tiña tamén un papel destacado o xornal “El Socialista”. Por último, tomou a palabra o autor do libro, Emilio Garrido Moreira, quen expuso as razóns que o levaron a escribir esta obra, gañadora do Premio Luís Tilve 2010 de Investigación e Divulgación Histórica e brindou algunhas anécdotas das viaxes realizadas polo pai do socialismo pola súa terra natal e especialmente, pola Coruña, onde tomaría un vital contacto co que sería gran colaborador seu dende a capital herculina, José Rodríguez. Finalmente realizou un paralelismo entre a persecución que sufriu, pola súa actividade, Pablo Iglesias, e hoxe en día sofre o xuíz Garzón. O libro, que foi vendido no citado local durante o acto pola librería coruñesa “Cascanueces”, está xa a venta en librerías a través da distribución de Galaxia, ó prezo de 12 €.